Escribir
é unha potente ferramenta de creación e aprendizaxe de coñecementos
novos. Por outra banda, permite a interacción cos demais en
circunstancias novas, en diferentes lugares e tempos. Con todo, a
función máis rica é a estética ou lúdica unida a unha dimensión
pracenteira ou de diversión.
Ao
lado desta importante utilidade, a Asociación Cultural de Estudos
Universitarios levou adiante o I Certame de Microrrelatos Cidade
da Coruña 2013, nun contexto difícil como o que estamos a
vivir, grazas á colaboración de todos e todas vós que fixo
posible que hoxe este libro cobre vida e sexa un humilde
escaparate para facer máis visibles os escritores/as noveis e
afeccionados/as. Agradecémoslle a cada un dos participantes a súa
valiosa achega.
Grazas
e parabéns a todos os que participastes nesta edición do certame.
Foron máis de 1200 participantes e máis de 1800 microrrelatos
presentados, de toda a xeografía española, o que vén a demostrar o
alto número de participantes que desexan facer visible a súa
contribución literaria neste mundo tan difícil.
O
noso recoñecemento, tamén, ao xurado pola súa importante
colaboración na escolla obxectiva e rigorosa do gañador e
finalistas.
Finalmente,
hoxe cobran vida a imaxinación, a palabra e os soños que nos
alegran as pupilas aos que amamos a lectura, por iso, estimados
autores e autoras que fixestes posible este libro, este é o voso
premio: vivir así, no medio de todos os lectores.
Asociación
Cultural de Estudos Universitarios