Bases:
1º Os textos en prosa (microrrelatos, vivencias, etc) deberán ser orixinais, inéditos e de temática libre. Deberán estar escritos en galego.
2º
Poderán presentarse todos os autores/as con domicilio no territorio
español e sen límite de idade.
3º
Cada autor/a poderá presentar un máximo de tres textos, escritos
en galego, dos cales o xurado só poderá seleccionar un se reúne a
calidade suficiente.
4º
Os textos terán unha extensión mínima de 100 palabras e
máxima de 300. Estarán escritos en Times New Roman, de tamaño
12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
5º
Os textos enviaranse en arquivos en formato DOC ou en ODT ao correo
electrónico: asociacion.estudos@gmail.com
6º
Enviaranse dous arquivos adxuntos nun só correo:
1. Denominado
DATOS
onde figurarán os datos do/a participante: pseudónimo, nome e
apelidos, DNI, correo electrónico, enderezo postal e teléfono.
2. Denominado
TEXTOS
no que figurará o/os texto/s, o/os título/s e el pseudónimo
empregado.
7º
O prazo de envío dos textos finalizará o 10
de outubro de 2013.
8º
O xurado, formado por filólogos e escritores, seleccionará os
mellores textos (un por autor/a) de entre todos os presentados. O
xurado valorará, entre outros: a orixinalidade, a estruturación, a
narración e a expresión. A deliberación do xurado darase a coñecer
en decembro de 2013 en:
http://asociacionestudosuniversitarios.blogspot.com.es/
9º
O obxectivo final desta antoloxía consistirá na súa publicación
nun libro.
10º
Esta entidade publicará unha antoloxía cos mellores textos
presentados compartindo os gastos cos autores seleccionados. Para a
publicación do libro, cada autor/a seleccionado/a deberá colaborar
cunha pequena achega de 15 euros, en concepto de gastos de edición e
publicación, máis 5 euros de gastos de envío da obra. Cada autor/a
recibirá no seu domicilio un libro no que aparecerá o seu trabajo.
Esta fórmula fai posible que cada seleccionado poida ao fin ver
a súa obra publicada nun libro do que se dará público coñecemento
e posibilita poder levar a cabo así esta iniciativa
literaria.
11º
A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que los
autores aceptan ceder todos os seus dereitos.
12º
A antoloxía poderá quedar deserta se non se alcanza unha calidade
mínima, incluída a publicación. As decisións adoptadas polo
xurado serán inapelables en todos os casos.
13º
A participación na antoloxía implica a aceptación das bases, cuxa
interpretación é responsabilidade da organización do certame.
14º
Ante o elevado numero de participantes en anteriores convocatorias,
só se manterá correspondencia coas persoas participantes
seleccionadas e só se lles enviará a elas a certificación de
coautor/a da antoloxía.
15º
Os
datos persoais só serán coñecidos pola organización da antoloxía,
quen garantiza o anonimato dos textos durante todo o proceso de
selección e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da
Asociación cuxa finalidade é a xestión e control dos traballos
seleccionados. Os seus datos persoais non serán comunicados ou
cedidos a terceiros. O/a
interesado/a poderá revogar o seu consentimento así como exercer os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no
correo: asociacion.estudos@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario